Feed on
Posts
Comentarios

Unha boa semán

A pasada fin de semana acudín ó IV congreso de educación matemática de AGAPEMA neste congreso atopeime á presidenta do meu tribunal de oposición do ano pasado María Jesús Casado, recoñeceume e falamos da miña unidade didáctica de estatística, na que ela me dera un consello, conteille que seguira o seu consello e quedei en enviarlle as tablas de crecemento humano que conseguín.

O xoves pola mañá atopeime en Lugo con Paulino Estevez, que me dera clase no CAP, e que tamén estivo no tribunal meu do ano pasado, foi o que me axudou a ter un pouco de tranquilidade nas exposicións, resulta non so que me recoñecía, senón que atopou este blog e estaba agradecido de que falase ben del no meu blog, de verdade, creo que me quedei corto, como profesor é espectacular, é para min un modelo, gústame moito a súa forma de dar clase, de como facer atraintes as clases para os alumnos, de como respeta ós alumnos e intenta motivalos. Contoume que era presidente de ENCIGA , díxenlle que me fixera socio por internet fai uns meses, e quedamos en vernos no congreso de ENCIGA no mes de Novembro.

E por último gacias a Xaime !SAIO EN MICROSIERVOS! con ese post sobre o amigo de ese pobo da costa da morte que tiña unha inventiva especial

O xoves pola noite volvín de publico ó pleno do concello de Malpica, o pleno foi coma sempre, con moitas cousas divertidas pero non é cousa de escribilas todas… uns apuntes:

-O número 2 do PP cree que a educación aprendese na universidade, pois non, a xente aprende educación na casa, cos seus pais e avós, cando se chega a universidade xa se ten que ter aprendido un pouco de educación, por exemplo non fai falla ir a universidade para ser capaz que, cando outro ten a palabra nun pleno non poñerse a berrar e interumpilo.

-O actual portavoz do BNG tivo un día normal, deume un pouco de pena, no pleno de Xuño dixera que o que facía costas era un “roubo legal” e neste pleno viuse obrigado moralmente a explicarse, según el dixo que “cando dixen que era un roubo legal díxeno porque cando se teñen uns limites no ano 67 e se cambian no 88, os de costas cambian as liñas e de repente a ti, que tiñas construido unha casa cha expropian e non che pagan nada, por eso digo que a Ley de Costas é un roubo legal” son palabras case textuais, claro pola forma de decilo creo que o decia en serio, que de verdade cree que costas pode facer eso, se fose verdade sería un escándalo e o tribunal constitucional xa teria anulada esta lei, o malo é que o que dixo neste pleno o actual portavoz do BNG é mentira, pero se crees que é verdade é normal que estés tan enfadado.

Políticamente un pode equivocarse moitas veces, pero o normal é que despois de dous plenos onde se debate o tema un debería terse enterado, e non é tan dificil facelo, sen sair do BNG de Malpica, se en vez de non consultar nada tivese chamado a Luís Cancela (ex-alcalde) ou a Queco (ex-concelleiro) poderían explicarlle que non era certo o que el pensaba da lei de costas, porque eles si saben que é a lei de costas e lle poderían ter aforrado o espectaculo que brindou, a falta de un, en dous plenos consecutivos, o peor de todo sería que  alguén do público se creese que costas pode facer estas animaladas.

Personalmente creo que é un exemplo a seguir, un exemplo de como non se deben facer as cousas, un cando ten que falar de moitos temas é imposible sabelo todo, o bo é que hoxe en día hai un grande acceso á información, hai moita xente á que podes consultar, hai telefónos móbiles, correo electrónico, google… e cando estás nun partido político máis ainda, podes falar con alcaldes, deputados, concelleiros de calquer tema, abogados arquitectos etc etc, se insistes en facer ti todo, sen contar con ninguén, e sen consultar a ninguén acabarás metendo a pata moitas moitas veces, demostrarás que non es tan listo como crees.

Contao moito mellor ca min Cesar Mallorquí no seu blog. Eu lin pouco de Disch,a parte de un artículo polémico que publicou Gigamesh en Español, lin Campo de concentración fai tempo, e é unha novela que teño que releer, e unha novela que me gustou moito “En alas de la canción” unha novela moi boa, que fai que mereza a pena investigar e leer máis do autor, apuntome “el Cura” e “334″ como novelas pendentes para comprar e leer.

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=360&idEdicion=930&idNoticia=318620

Estou moi contento pola victoría do Ponteceso, sobre todo por dous xogadores ós que eu entrenei, a Miguel Martínez nos infantís, e Carlos Mato nos cadetes do Buño S.D.

Dous bos xogadores, Miguel un rapaz que xoga moi ben ó futbol, e que fai mellores ós séus compañeiros, demostrouno en tódolos equipos nos que estivo, este ano chegou ó Ponteceso e o Ponteceso é subcampión de liga e campeón de copa, sen el non sería tan favorito.

Carlos Mato estaba nos cadetes do Buño e levámolo a xogar varios partidos cos xuvenís, xa que os xuvenís eran poucos e necesítabanse todas as axudas posibles, era un rapaz que pese a xogar con xente maior que el ,pelexaba todo o que podía, dabao todo no campo, recordo un día que iamos empatando na casa e estabamos xogando mal, que ó chegar ó descanso era o que máis animaba, máis que os “veteranos” do equipo, un xogador comprometido co seu equipo e moi solidarío cos séus compañeiros.

Felicidades Ponteceso

QUE A REALIDADE NON CHE ESTROPEE UN BO TITULAR

Anónimo

Os tópicos enchen as portadas de hoxe, España rompe coa maldición dos penaltis e pasa a semifinais, por fin pasamos de cuartos etc etc, o malo é que os datos non din nada desto, a realidade é máis “normal” do que creemos.

España e os penaltis: Dende que a FIFA instaurou este método para desempatar un partido a selección española ten chegado 6 veces á tanda de penaltis en Eurocopas e mundiais, o resultado 3 victorias 3 derrotas, un  50% de victorias, carallo para a maldición! Repasemos

1984 Semifinais Eurocopa: España gaña a Dinamarca por penaltis 5 a 4

1986 Cuartos de final Eurocopa. España perde contra Belxica por penaltis 4 a 5

1996 Cuartos de final Eurocopa. España perde contra Inglaterra por penaltis 2 a 4

2002 Octavos de final Mundial. España gaña contra Irlanda por penaltis 3 a 2

2002 Cuartos de final Mundial. España perde contra Corea por penaltis3 a 5

2008 Cuartos de final Eurocopa. España gaña contra Italia por penaltis 4 a 2

Pero este 50% debe ser pouco, non somos como Italia, ese país si que ten sorte nas tandas de penalti, como din, ganámoslle onte no seu terreo a Italia, á que ten sorte, si Italia nos penaltis ten este historial:

1980 Eurocopa, 3-4 posto Italia perde contra Checoslovaquia por penaltis 8 a 9

1990 Semifinais Mundial Italia perde contra Arxentina por penaltis 3 a 4

1994 Final Mundial Italia perde contra Brasil por penaltis por 2 a 3

1998 Cuartos de final Italia perde contra Francia por penaltis por 3 a 4

2000 Semifinais Eurocopa Italia gaña contra Holanda por penaltis por 3 a 1

2004 Final Mundial Italia gaña contra Francia por penaltis por 5 a 3

2008 Cuartos de final Eurocopa, Italia perde contra España por penaltis 4 a 2

Que sorte ten Italia nos penaltis un 29% carai, non coma España! que ten un 50%!!!

Eu non entendo nada de maldicións

Asedian las casas de los presidentes de las federaciones de cofradías gallega y española
Un grupo de cincuenta personas irrumpe en la casa de Amigo y Lareo con bengalas

Entran en el garaje y dañan el coche de un portavoz de Galicia Bilingüe

Estas novas son unha mostra que non é nada representativa de Galicia e dos galegos, o peor de todo é o silencio de moita moita xente, esto non pode ser, a democracia non é esto, xa houbo que aguantar 40 anos de fascismo para que nos olvidemos e calemos ante estes ataques.

A miña solidariedade cos atacado e un desprecio infinito os atacantes

Cartel mítico real

“SE DAN CLASES DE C POR PROFESOR NATIVO”

Visto na facultade de física fai uns anos, o autor, coñecido por Lage e Rafa e algún mais responde ás siglas de A.D.S.

Costas informou que non era cero que as casas de Malpica se atopasen en zona de deslinde, senón que se atopan na zona de servidume, esto implica que si se pode construir, e rehabilitar as casas que existe, pero obviamente cunhas normas que impedirian, por exemplo facer 10 pisos enriba da praia ou do porto.

Pero como temos unha oposición que non se arreda repasemos o pleno do pasado xoves:

O primeiro do pasado xoves foi unha moción do PP sobre as normas do habitat que aprobou a xunta de Galicia, a moción do PP en contra das normas tivo duas intervencións curiosas:

O número 1 do PP afirmou estar en contra, porque por exemplo el, está facendo unha casa, e esas normas obriganlle a poñer unha ventana, e quen é a xunta para obrigarlle a poñer unha ventana a el na súa casa, que na súa casa fai o que quere

O actual portavoz do BNG dixo que el apoiaba as normas porque eran unhas normas do bipatito da Xunta, e por disciplina el apoiaba as normas do hábitat (un home moi disciplinado neste caso).

Sobre o deslinde de costas:

O número 2 do PP está totalmente en contra, os seus argumentos “que claro se os teus pais traballaron para deixarche unha leira e que veñan ahora decíndoche que non se pode construir é unha traxedia”. O sábado á noite o PP celebrou no centro cívico de Malpica unha reunión cos veciños, a frase coa que me quedo é “Moitos dos veciños non poderán obrar nos seus terreos e, por exemplo, as casas que dan cara o porto non se poderán tocar, nin aumentarlle pisos, nin nada”

Pero o actual portavoz do BNG non consinte que o superen, cando se presentou ás eleccións el decía que “O plan xeral é fundamental” despois da intervención do nº2 do PP non podía quedarse atrás, para el, o que fai a Xunta de Galicia está moi mal, é todo culpa da conselleira de pesca, e o que fai a Xunta é “un roubo legal” . (neste caso a disciplina co goberno bipartito da Xunta se lle acabou, ou a tiña gastada), eu me pregunto ¿Que plan xeral sería o que faría este individuo?, ¿e os do PP?. Como anécdota para os abogados(Alberto, Pablo, José Luís, Fernando…) que leedes este blog afirmou que “se vas a comprar unha casa no rexistro non che informan do deslinde”

José Manuel Vila, autorrepresentante do seu movemento político, aínda que se poden decir moitas cousas malas del, a que non se pode decir é que sexa tonto, e como non é tonto,non entrou no xogo de haber quen a decía máis gorda, el entede o que é o deslinde, entende que ten que haber deslinde de costas, porque senón, mentres non o haxa vai haber inseguridade xurídica para moitos propietarios, impedindo actuacións que neste momento se atopan paradas, e que hai que mirar caso a caso.

Costas considera ilegales gran parte de las casas de la zona litoral de Malpica. Esta nova fixo que saise a nivel galego as problematicas urbanísticas do concello de Malpica, como a maioria non sodes de Malpica quería explicarvos a triste historia do urbanismo de Malpica.

Os plenos “movidos” tan famosos en Malpica, comezaron no vran de 1990, nese ano o goberno do BNG encabezado por Luís Cancela Vecino decidiu que Malpica necesitaba un plan xeral como ferramenta para o seu futuro, nese vran do 1990 lánzase o proxecto, as primeiras reaccións son de rexeite total, crease un grupo de xente en contra do plan xeral, o seu argumento,o goberno queríalles roubar as súas terras que o alcalde era un ladrón, o concello non pode prohibir edificar a quen queira donde queira, como que calles de 8 metros de ancho e zonas verdes, que non que non pode haber zonas verdes en Malpica que non fan falta ningunha. O goberno ofertalles negociar as alegacións que queiran facer, e ver o que se pode cambiar do borrador. Os afectados non aceptan negociar, o único é que se lle permita a todo o mundo edificar donde queira e canto queira, a situación vai a máis e empezan as manifestacións diarias na fonte, as amenazas de morte ó alcalde e o concelleiro de urbanismo (Queco), pintadas na sua casa, amenazas de morte a el e o seu fillo etc etc, Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional do BNG acude a Malpica a apoiar ó alcalde e non consigue falar, ten que escapar protexido pola guardia civil xa que o apedrean na súa visita. Dado que durante todo ese tempo a violencia vai a máis, o goberno do BNG decide retirar o plan xeral e ofrece negociación para empezar de novo, os afectados neganse e continuan coas amenzas de morte e as manifestacións diarias na fonte. Producense as eleccións municipais de 1991 e o BNG perde nas mesas de Malpica frente ó PP, pero cos votos do resto do concello consigue ser a forza máis votada tendo BNG 6 concelleiros, PP 5 e PSdeG-PSOE 2 concelleiros. O goberno do BNG dura un ano, non son capaces de seguir soportando todo e dimite o alcalde. A lei daquel tempo permite que Pardines(PP) acade a alcaldía cos 5 votos do PP, e coas abstencións dos concelleiros do BNG.

O PP goberna eses 3 anos e nas eleccións de 1995 gaña as eleccións con 6 concelleiros, non tendo a maioría para gobernar compran a vontade do número 2 da lista da Agrupación de Independentes de Malpica, impedindo que saise elexido como alcalde o número 1 do seu propio partido. Nese ano 1995 o goberno do PP aproba as normas subsidarias que están vixentes hoxe en día no noso concello.

Estas normas son as que permitiron que os especuladores se lanzasen a por Malpica, nestes últimos anos empresas de tódolas orixes, de Coruña, Pontevedra, Madrid, se lanzaron a comprar terreos, e edificios e tiralos e construir ó lado da praia, ou case enriba.

No vran do 2007 a consellería de política territorial denuncia no xulgado contencioso número 4 de Coruña a autorizaciónde catro licencias urbanísticas que contaban co informe favorable do arquitecto municipal e o informe favorable da secretaria do concello, persoas as dúas que non tiñan moi boa relación entre elas e que non son sospeitosas de ser seguidores de Zapatero, precisamente. Que tería pasado se o alcalde se nega a autorizar a obra que conta con tódolos informes favorables? pois que sería inhabilitado, un alcalde non pode negarlle a ninguén a autorización para obrar se os técnicos informan favorablemente.

Esto é o que leva á situación actual, agora costas considera que moitas casas invaden o dominio público marítimo-terrestre, ante esto o grupo de goberno decidiu contratar a un arquitecto e un abogado para que elaboren cos veciños as alegacións que consideren oportunas.

Este tema seguro que foi o tema estrela do pleno municipal de onte, xa vos contarei o que defenderon cada un dos partidos, xa veredes como non nos defraudan, sobre todo o actual portavoz do BNG e o nº 2 do PP.

Leendo o blog de Edu, acabo de enterarme con case un mes de retraso que Mikel Torres é o novo alcalde de Portugalete.

Que pasada, se hai alguén que sexa boa xente e preparado para ser alcalde é Mikel Torres, Mikel Torres foi secretario xeral das JSE-EGAZ durante anos, e foi o que sentou as bases do relanzamento das xuventudes socialistas de Euskadi, da súa man entraron en política xente xa coñecida coma Edu ou Chema, e moitos máis, o outro día vin na tele cando agrediron ó concelleiro socialista en Pasaia, que unha das concelleiras era Lore, a rapaza que ten familia en Riveira e que ven a visitarnos de vez en cando. Un día teño que poñer un post colectivo sobre esa xente marabillosa de Euskadi e Navarra (se me olvido de Navarra Carol me pega)

Pero ó que iamos, Mikel Torres é alcalde de Portugalete, é sobre todo, unha persoa que ten sempre unha sonrisa na boca e que é moi moi respetuoso, cando falei con el por última vez pregunteille se seguía no concello e díxome, que remedio, alguén ten que presentarse… Aínda seguro que está contento, non é o seu maior exito en política, cando falas con el, do que máis orgulloso está e de ter presidido o último congreso de Juventudes Socialistas de España no que interveu Ramón Rubial, cando o conta ponselle unha cara de orgullo.

Noraboa Mikel

Older Posts »